ACTIVIDADES
ACTIVIDADES
As nosas casas están rodeadas dun mar de posibilidades.
Paseos en bici pola vila
Pasear en bici por Portosín é un pracer. Desfrutar da contemplación da vida tranquila dunha vila mariñeira, visitar o porto deportivo e o porto pesqueiro e, de paso, observar todo tipo de aves mariñas que ultimamente nos visitan, como cormoráns, garzas e garcetas.
Se che apetece algo máis intenso, hai varias rutas BTT que son unha marabilla, coma a Ruta do Castro de Baroña e Monte Enxa.
![paseos-bici-portosin paseos-bici-portosin](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/paseos-bici-portosin-o37rpoger6jluxo46rhx564ybbx5b4vy9qdpzjpn7c.jpg)
Turismo mariñeiro
![Turismo marinero Turismo marinero](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Turismo-marinero-1-o37qnhaj0k941f5m8r2qbb5l8m75hy8ncnycvqcm2g.jpg)
Portosín é un dos portos pesqueiros de cerco máis importantes de Europa. Cada tempada saen das súas lonxas toneladas de peixe azul que se distribúen por toda a península e parte do continente.
“Azul de Portosín” é a súa marca e nada tan espectacular como ver chegar os barcos pesqueiros rodeados dunha nube de gaivotas e o desembarco a cargo dos estibadores do porto.
Visitar a nave onde traballan as redeiras montando e cosendo as redes é outra das experiencias que non te podes perder. Un oficio tradicionalmente feminino e que chega ata a actualidade case sen variación.
Outras posibilidades : Museo Marea e Museo do Mar de Noia
Paseos polas aldeas de Portosín
As aldeas que rodean a Portosín, A Silva, Beneso e Balcunqueiro, son a orixe do núcleo poboacional que se desenvolvería con máis intensidade a partir de 1812 coa industrialización da ría. Ata ese momento, a xente prefería habitar en zonas altas resgardadas do mar. Pasear por estas aldeas é asomarse á historia dos seus habitantes; as vistas sobre a ría, impresionantes.
![paseos-aldeas-portosin paseos-aldeas-portosin](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/paseos-aldeas-portosin-o37rrz67glou8mbyrr938l9il8lg4i0bx3sg7wazzs.jpg)
Rutas e sendas mariñas
![Rutas por la ría en el valadro Joaquín Vieta Rutas por la ría en el valadro Joaquín Vieta](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Rutas-por-la-ría-en-el-valadro-Joaquín-Vieta-o37rmgu9ek5c6wc1xvit4hb98xr00d4ytu4zyih2go.jpg)
Rutas á beira do mar e rutas polo mar, a elección depende de ti. Na contorna de Casiñas Mariñeiras atoparás moitas rutas a través das que poder mergullarte na brisa do mar, cruzar praias e rochas e gozar de marabillosas postas de sol.
O Veleiro histórico Joaquín Vieta ofrece viaxes pola ría mentres che contan a súa historia e costumes e che ofrecen un aperitivo. ¿Quen se pode resistir?
Visitas culturais
A península do Barbanza, onde se atopa situado a vila mariñeira de Portosín, é unha zona rica en restos arqueolóxicos. Habitada polos romanos e, posteriormente sucada polos Camiños Reais, está chea de historia que che propoñemos descubrir.
![Visitas culturales Museo de Laudas gremiais Visitas culturales Museo de Laudas gremiais](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Visitas-culturales-Museo-de-Laudas-gremiais-o37rubrojown9ix31rtigzx01x0hd9c68qi5estkfs.jpg)
Vela
![Foto vela Foto vela](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Foto-vela-o37qmgmtm0uxgmmv6t8a42em2l7u5r747mif5xuyt4.jpg)
Se che gusta a vela, en Portosín poderás atopar o que buscas. No Club Náutico organizan desde cursos de vela infantil, orientados aos máis mozos, de entre 8 e 17 anos, vela de Adultos e vela Adaptada en Vela Lixeira e Cruceiro.
Ademáis, moi preto, na praia da Aguieira poderás practicar surf e kitesurfing.
Submarinismo nas nosas preciosas calas
Dar un paseo polos fondos mariños da ría pode ser algo realmente emocionante. Encontrarte con polbos, pintos e maragotas, todos eles habitantes habituais dos lindes rochosos das praias. En Mergullo Compostela organizan saídas polas praias próximas a Portosín.
![buceo buceo](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/buceo-o37qlf1a0nfgk85hacz7cbw6b6d5lv1uqgezyvepq0.jpg)
Rutas a cabalo
![rutas a caballo rutas a caballo](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/rutas-a-caballo-o37qkedkm419zfmq8f4r535755du9o0blez292x2go.jpg)
Moi preto de Casiñas Mariñeiras poderás montar a cabalo e sumerxirte nos frondosos bosques atlánticos que rodean toda a ría e acompañan aos numerosos ríos que baixan das súas montañas. En Aventuras en Galicia organízano todo para que poidas vivir a experiencia.
Gastronomía
Nós temos debilidade por Casa do Tella e Rosalía, polas súas receitas que combinan a contemporaneidade coa tradición. O restaurante está ubicado nunha antiga fábrica de salazón e conserva o espírito mariñeiro da súa arquitectura rendindo homenaxe aos seus antigos moradores.
El Mirador del Náutico, ademáis de ofrecer menús do día, ten unhas espectaculares vistas sobre a ría.
En xeral, en Portosín poderás desfrutar dunha boa gastronomía en cualquera dos restaurantes que hai na vila. Preto atópase o Anexo Coira, que dispón de terraza a pé de praia.
![Casa do Tella e Rosalía Casa do Tella e Rosalía](https://casitasmarineras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Casa-do-Tella-e-Rosalía-o37qjbu6twkirf6phgh1suvascnsi2rbs485kqi7js.jpg)