ACTIVIDADES

CASIÑAS MARIÑEIRAS

ACTIVIDADES

As nosas casas están rodeadas dun mar de posibilidades.

Paseos en bici pola vila

Pasear en bici por Portosín é un pracer. Desfrutar da contemplación da vida tranquila dunha vila mariñeira, visitar o porto deportivo e o porto pesqueiro e, de paso, observar todo tipo de aves mariñas que ultimamente nos visitan, como cormoráns, garzas e garcetas.
Se che apetece algo máis intenso, hai varias rutas BTT que son unha marabilla, coma a Ruta do Castro de Baroña e Monte Enxa.

paseos-bici-portosin

Turismo mariñeiro

Turismo marinero

Portosín é un dos portos pesqueiros de cerco máis importantes de Europa. Cada tempada saen das súas lonxas toneladas de peixe azul que se distribúen por toda a península e parte do continente.
“Azul de Portosín” é a súa marca e nada tan espectacular como ver chegar os barcos pesqueiros rodeados dunha nube de gaivotas e o desembarco a cargo dos estibadores do porto.
Visitar a nave onde traballan as redeiras montando e cosendo as redes é outra das experiencias que non te podes perder. Un oficio tradicionalmente feminino e que chega ata a actualidade case sen variación.
Outras posibilidades : Museo Marea e Museo do Mar de Noia

Paseos polas aldeas de Portosín

As aldeas que rodean a Portosín, A Silva, Beneso e Balcunqueiro, son a orixe do núcleo poboacional que se desenvolvería con máis intensidade a partir de 1812 coa industrialización da ría. Ata ese momento, a xente prefería habitar en zonas altas resgardadas do mar. Pasear por estas aldeas é asomarse á historia dos seus habitantes; as vistas sobre a ría, impresionantes.
 
paseos-aldeas-portosin

Rutas e sendas mariñas

Rutas por la ría en el valadro Joaquín Vieta

Rutas á beira do mar e rutas polo mar, a elección depende de ti. Na contorna de Casiñas Mariñeiras atoparás moitas rutas a través das que poder mergullarte na brisa do mar, cruzar praias e rochas e gozar de marabillosas postas de sol.

Veleiro histórico Joaquín Vieta ofrece viaxes pola ría mentres che contan a súa historia e costumes e che ofrecen un aperitivo. ¿Quen se pode resistir?

Visitas culturais

A península do Barbanza, onde se atopa situado a vila mariñeira de Portosín, é unha zona rica en restos arqueolóxicos. Habitada polos romanos e, posteriormente sucada polos Camiños Reais, está chea de historia que che propoñemos descubrir.
 
Visitas culturales Museo de Laudas gremiais

Vela

Foto vela
Se che gusta a vela, en Portosín poderás atopar o que buscas. No Club Náutico organizan desde cursos de vela infantil, orientados aos máis mozos, de entre 8 e 17 anos, vela de Adultos e vela Adaptada en Vela Lixeira e Cruceiro.
Ademáis, moi preto, na praia da Aguieira poderás practicar surf e kitesurfing.

Submarinismo nas nosas preciosas calas

Dar un paseo polos fondos mariños da ría pode ser algo realmente emocionante. Encontrarte con polbos, pintos e maragotas, todos eles habitantes habituais dos lindes rochosos das praias. En Mergullo Compostela organizan saídas polas praias próximas a Portosín.

buceo

Rutas a cabalo

rutas a caballo

Moi preto de Casiñas Mariñeiras poderás montar a cabalo e sumerxirte nos frondosos bosques atlánticos que rodean toda a ría e acompañan aos numerosos ríos que baixan das súas montañas. En Aventuras en Galicia  organízano todo para que poidas vivir a experiencia.

Gastronomía

Nós temos debilidade por Casa do Tella e Rosalía, polas súas receitas que combinan a contemporaneidade coa tradición. O restaurante está ubicado nunha antiga fábrica de salazón e conserva o espírito mariñeiro da súa arquitectura rendindo homenaxe aos seus antigos moradores.
 
El Mirador del Náutico, ademáis de ofrecer menús do día, ten unhas espectaculares vistas sobre a ría.
 
En xeral, en Portosín poderás desfrutar dunha boa gastronomía en cualquera dos  restaurantes que hai na vila. Preto atópase o Anexo Coira, que dispón de terraza a pé de praia.
Casa do Tella e Rosalía