QUEN SOMOS
A NOSA HISTORIA
O proxecto Casiñas Mariñeiras nace da ilusión das súas propietarias de compartir e poñer en valor un legado, testemuña modesta pero de gran encanto e dignidade, da orixe de Portosín, vila mariñeira na que se atopan situadas.
A hospitalidade e a familia son valores que están detrás deste proxecto. A hospitalidade entendida como dar o mellor de nós mesmas para que os nosos hóspedes se sentan ás mil marabillas, nunha contorna onde se mima cada detalle. E a familia, porque é de onde brota toda a ilusión para poñer en marcha este proxecto.
Casiñas Mariñeiras está composta por dúas casas situadas a 50 metros da praia, situadas na parte sur da rúa San Andrés, antigo Camiño Real. Casa Tía Amparo foi construída arredor do ano 1812, durante o proceso de industrialización da ría de Muros e Noia, que se produciu a través da instalación de diversas fábricas de salgadura salpicadas por toda a ría. Esta industrialización supuxo a transformación radical do territorio, producindo cambios arquitectónicos, sociais e económicos, dando orixe á conformación actual de Portosín.
Casa Taberna Vella, situada ao comezo do Camiño Real que aproveitaba as antigas vías romanas que pasaban por Portosín, moi probablemente instalouse para abastecer de víveres aos camiñantes. Non temos constancia do ano exacto de construción, pero xa aparece descrita nun documento de 1812 como unha instalación vella do lugar. Así que un dos encantos de Taberna Vella é a historia que soportan os seus preciosos muros de pedra que se poden apreciar nas estancias inferiores da vivenda. Taberna Vella é un soño feito realidade a través da rehabilitación que se realizou en 2018 onde o contemporáneo e a tradición van da man.
CASIÑAS MARIÑEIRAS
O NOSO EQUIPO
Nadia
É a encargada de recibirvos e de facer que a vosa estancia nas nosas casas se convirta nunha experiencia inesquecible.
Lía
Encárgase de comunicarvos de forma regular as novidades e novas de Casiñas Mariñeiras.
Chefa
Promotora da rehabilitación das casas, encárgase da supervisión de espazos.