RESERVAS

CASA taberna vella

PREZOS

TEMPADA ALTA

Do 12 ao 21 de abril, do 1 ao 4 de maio, 17 e 18 de maio, do 5 de xullo ao 15 de setembro, do 11 ao 13 de outubro, 1 e 2 de novembro, do 5 ao 8 de decembro, e do 20 de decembro do 2019 ao 6 de xaneiro de 2020.

No caso de querer utilizar o estudo como habitación deberán aboarse 20 euros de recargo por persoa e día.

TEMPADA BAIXA

Resto do ano. Días azuis.

  • 2 persoas 170€/día

    Días soltos. Mínimo 2 días.

  • 3 persoas 220€/día

    Días soltos. Mínimo 2 días.

  • 4 persoas 270€/día

    Días soltos. Mínimo 2 días.

No caso de querer utilizar o estudo como habitación deberán aboarse 20 euros de recargo por persoa e día.

casa-taberna-vella-precios

CASA TABERNA VELLA

RESERVA

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Dispoñible
Ocupado
casa-tia-amparo-precios

CASA TÍA AMPARO

PREZOS

TEMPADA ALTA

Do 12 ao 21 de abril, do 1 ao 4 de maio, 17 e 18 de maio, do 5 de xullo ao 15 de setembro, do 11 ao 13 de outubro, 1 e 2 de novembro, do 5 ao 8 de decembro, e do 20 de decembro do 2019 ao 6 de xaneiro de 2020.

TEMPADA BAIXA

Resto do ano. Días azuis.

CASA TÍA AMPARO

RESERVA

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Dispoñible
Ocupado

CONDICIÓNS DE RESERVA

RESERVA

Para reservar cualquera das nosas casas pode chamarnos ao teléfono 606 71 10 48 ou ao 670 88 26 47 ou ben cubrir e enviar o formulario de reserva. Poderá facer efectiva a reserva e remitirémoslle o xustificante de pago e a confirmación de reserva ao seu correo electrónico.

Unha vez feita efectiva a reserva, en caso de anulación aplicaranse as seguintes penalizacións:

  • 0% se se anula antes de 15 días.
  • 50% se se anula dende 15 e ata 7 días antes da data de entrada
  • 100% cando se anule 7 días antes ou menos da data de entrada.

Os hóspedes  comprométense ao pago íntegro dos días contratados, aboando o resto da súa estancia á súa chegada á casa, despois de ser recibidos e informados sobre o seu funcionamento.

Para a recollida de chaves será necesario o documento de identidade de todos os hóspedes maiores de 16 anos e unha tarxeta de crédito/débito como garantía de estancia.

ESTANCIAS

Entrada a partires das 15:00 h.

Saída antes das 12:00 h.

Os hóspedes  comprométense a deixar a casa en perfecto estado. Se se produce algún desperfecto, deben comunicalo á maior brevidade.

Non está permitido fumar no interior das casas.

CONDICIÓNS DO SERVIZO

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

As casas están totalmente equipadas para o aloxamento completo. A estancia semanal inclúe dous xogos de cama e dous xogos de toallas.

O aluguer das casas non inclúe o servizo de limpeza, que correrá a cargo dos hóspedes.

Inclúe os produtos básicos de limpeza. Inclúe xel de baño e champú.

ALMORZOS

O almorzo está incluido no prezo e entregarase nunha cesta cos seguintes elementos:

  • Leite
  • 1 paquete de café
  • Un paquete de Colacao
  • Pan tostado artesán
  • Manteiga
  • Marmelada
  • Froita de tempada, unha peza por persoa e día
  • Cereais tipo muesli
  • Azucre

ALOXAMENTO CON MASCOTAS

Poderán aloxarse coa súa mascota cunha recarga de 9€/noite e que esta durma na súa habitación seguindo estas instrucións:

A mascota debe dispoñer do seu transportín ou ben traer a súa cesta ou manta onde adoite durmir para que non se senta estraña e, por suposto, non utilice as camas.

Non poderá quedarse soa naa casa cando os seus amos saian de excursión.

Os seus amos son responsables dos danos que sufra a mascota por morder cables ou outros incidentes e tamén dos prexuizos que ocasione.

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

NEVEIRA CHEA: 50 euros

Se o que queres é chegar á casa e non ter que saír, nós poñémoscho fácil co servizo neveira chea que inclúe os seguintes produtos:

  • 2 augas
  • 2 refrescos
  • 2 tónicas
  • 2 cervexas
  • 1 botelliña de whiski
  • 1 botelliña de xenebra
  • 2 limóns
  • 1 bolsa de xeo
  • 1 botella de viño godello
  • 1 bote de sardiñas de Portosín en aceite de oliva Sotavento
  • 1 bote de paté de mexillón da ría Sotavento
  • Galletas Mariñeiras

ALMORZO ATLÁNTICO: 12 euros de recargo. Mínimo 2 persoas.

Comer o mar a través das nosas conservas artesás con produtos da ría.

O noso almorzo atlántico inclúe  café, leite, cacao, pan artesán, paté de mexillón da ría Sotavento, paté de sardiñas de Portosín Sotavento, zume natural de laranxa e unha froita de tempada.

ALUGUER DE BICICLETAS DE PASEO: 25 euros/día